Seguindo as instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento
do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da
comunidade Autónoma de Galicia, achego a adaptacion da programación didáctica
do curso 2019/2020.
Centro: CPIP de Castroverde.
Curso: 3º de ESO
Materia: Xeografía e Historia.
Departamento: Xeografía e Historia.
Data: 5 de maio do 2020.
1.
Estándares
de aprendizaxe e competencias imprescindibles para o terceiro trimestre.
Competencias:
Comunicación lingüística:
A Comunicación
Lingüística é a habilidade para expresar conceptos, pensamentos, sentimentos,
feitos e opinións de forma oral e escrita e para interactuar lingüisticamente
dunha maneira axeitada e creativa en todos os posibles contextos sociais e
culturais, como a educación e a formación, a vida privada e profesional e o
ocio.
Inclúese a
comunicación de datos a través de mapas e imaxes (tanto a súa elaboración como
a súa interpretación), gráficos, etc., empregando do vocabulario específico
axeitadamente.
Competencia matemática e competencias
básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT):
A competencia
matemática é a habilidade para aplicar o razoamento matemático coa fin de
resolver diversos problemas en situacións cotiás. Baseándose no bo dominio do
cálculo, a énfase se sitúa no proceso e a actividade, aínda que tamén nos
coñecementos. A competencia matemática entraña en distintos grados, a
capacidade e a vontade de utilizar modos matemáticos de pensamento (pensamento
lóxico e espacial) e representación (fórmulas, modelos, construcións, gráficos
e diagramas). Inclúe a comparación de valores porcentuais ou absolutos, a
localización espacial ou no tempo, os esquemas mentais, etc.
A competencia
en materia científica alude á capacidade e á vontade de empregar o conxunto dos
coñecementos e a metodoloxía empregados para explicar a natureza, coa fin de
expor preguntas e extraer conclusións baseadas en probas. As competencias
científicas e tecnolóxicas entrañan a comprensión dos cambios causados pola
actividade humana e a responsabilidade de cada individuo como cidadán.
Competencia dixital (CD):
A competencia
dixital entraña o uso seguro e crítico das tecnoloxías da sociedade e da
información para o traballo, o lecer e a comunicación. Susténtase nas
competencias básicas en materia de TIC: o uso de ordenadores para obter,
avaliar, almacenar, presentar e intercambiar información, e comunicarse e
participar nas redes de colaboración a través de internet. A competencia
dixital esixe unha boa comprensión e amplos coñecementos sobre a natureza, a
función es as oportunidades das tecnoloxías da sociedade e da información en
situacións cotiás da vida privada, social e profesional. Isto leva asociado o
coñecemento das principais aplicacións informáticas, como os sistemas de
tratamento de textos, bases de datos, almacenamento e xestión da información, e
a comprensión das oportunidades e dos riscos potenciais que ofrecen Internet e
a comunicación por medios electrónicos (correo electrónico ou ferramentas de
rede) para a vida profesional, o lecer, a posta en común de información e as
redes de colaboración, a aprendizaxe e a investigación. Do mesmo xeito, as
persoas deben comprender as posibilidades que as tecnoloxías da sociedade e da
información ofrecen como ferramenta de axuda á creatividade e á innovación, e
estar ao corrente das cuestións relacionadas coa validez e a fiabilidade da
información dispoñible e dos principios
legais e éticos polos que debe rexerse o uso interactivo das tecnoloxías da
sociedade e da información.
As capacidades
necesarias inclúen: a capacidade de buscar, obter e tratar información, así
como de utilizala de maneira crítica e sistemática, avaliando a súa pertinencia
e diferenciando entre información real e virtual, pero recoñecendo ao mesmo
tempo os vínculos. As persoas deben ser quen de empregar ferramentas para
producir, presentar e comprender información complexa e ter a habilidade
necesaria para acceder a servizos baseados en Internet, buscalos e utilizalos, pero
tamén deben saber como empregar as tecnoloxías da sociedade e da información
como base do pensamento crítico, a creatividade e a innovación.
Aprender a aprender (CAA):
Aprender a
aprender é a habilidade para iniciar a aprendizaxe e persistir nela, para organizar
a súa propia aprendizaxe e xestionar o tempo e a información eficazmente, xa
sexa individualmente ou en grupos. Esta competencia implica ser consciente do
propio proceso de aprendizaxe e da necesidade de aprendizaxe de cada un,
determinar as oportunidades dispoñibles e ser quen de superar os obstáculos coa
fin de culminar a aprendizaxe con éxito. Dita competencia significa adquirir,
procesar e asimilar novos coñecementos e capacidades, así como buscar
orientacións e facer uso delas. O feito de “aprender a aprender” fai que o
alumnado se axude de experiencias vitais e de aprendizaxe anteriores coa fin de
empregar e aplicar os novos coñecementos e capacidades en moi diversos
contextos, como os da vida privada e profesional e a educación e formación. A
motivación e a confianza son cruciais para a adquisición desta competencia.
Cómpre que
cada alumno e cada alumna teñan a capacidade de ser autónomos e autónomas, que
teñan a capacidade de saber a información que lles falta e lles interesa saber,
como buscala, que fontes de información son máis ou menos fiables, cal
información é pertinente para o que pretenden, como organizala, reflexionar
criticamente sobre ela, empregala axeitadamente, etc.
“Aprender a
aprender” esixe a adquisición das capacidades básicas fundamentais necesarias
para a aprendizaxe como a lectura, a escritura, o cálculo e as TIC. Elementos
que se traballarán con materiais propios de cada materia como textos con
vocabulario específico, mapas, gráficos, estatísticas, etc. Deben poder concentrarse
e aprender a superar os obstáculos e resolver problemas. Deben poder aplicar o
aprendido a novas situacións.
Esta
competencia é crucial para desenvolver unha capacidade crítica que lles permita
interpretar a información diverxente e orientar a súa propia aprendizaxe ao
longo de toda a vida, á luz das súas propias conviccións.
Competencias sociais e cívicas (CSC):
Estas
competencias inclúen as persoais e interculturais e recollen todas as formas de
comportamento que preparan ás persoas para participar dunha maneira eficaz e
construtiva na vida social e profesional, especialmente en sociedades cada ve
máis diversificadas, e , no seu caso, para resolver conflitos. A competencia
cívica prepara ás persoas para participar plenamente na vida cívica grazas ao
coñecemento de conceptos e estruturas sociais e políticas, e ao compromiso de
participación activa e democrática.
Os elementos
fundamentais desta competencia inclúen a capacidade de comunicarse dunha
maneira construtiva nos distintos contextos, mostrar tolerancia, expresar e
comprender puntos de vista diferentes, negociar sabendo inspirar confianza, e
sentir empatía. As persoas deben ser quen de xestionar o estres e a frustración
e de expresalos dunha maneira construtiva, e tamén de distinguir a esfera
profesional da privada.
Esta
competencia baséase nunha actitude de colaboración, na seguridade nun mesmo ou
mesma e na integridade. As persoas deben interesarse polo desenvolvemento
socioeconómico, a comunicación intercultural, a diversidade de valores e o
respecto polos outros, así como estar dispostas a superar os prexuízos e a
comprometerse.
A competencia
cívica baséase no coñecemento dos conceptos de democracia, xustiza, igualdade,
cidadanía e dereitos civís.
Esta
capacidade debe axudarlles a desenvolver a habilidade para interactuar
eficazmente no ámbito público e para manifestar solidariedade e interese por
resolver os problemas que afecten á comunidade, xa sexa local ou máis ampla.
Leva asociada a participación na súa comunidade e o sentimento de pertenza a
ela.
Conciencia e expresións culturais (CCEC):
É a
apreciación da importancia da expresión creativa de ideas, experiencias e
emocións a través de distintos medios.
A expresión
cultural precisa una conciencia da herdanza cultural a escala local, nacional e
europea e do seu lugar no mundo e a importancia dos factores estéticos na vida
cotiá.
Débese traballar a apreciación e a expresión; a
apreciación e o goce das obras de arte.
A base do
respecto e da actitude aberta á diversidade da expresión cultural é unha boa
comprensión da cultura propia e un sentimento de identidade. Unha actitude
positiva baséase tamén na creatividade e
na vontade de cultivar as capacidades estéticas mediante a expresión artística
e a participación na vida cultural.
Estándares de aprendizaxe que se reforzarán
no terceiro trimestre:
Sabe buscar información na web
|
Clasifica as fontes pola súa fiabilidade. Constrasta
a información
|
Identifica elementos materiais, culturais ou
ideolóxicos que son herdanza do pasado.
|
Nomea e identifica catro clases de fontes
históricas.
|
Comprende que a historia non se pode escribir sen
fontes, xa sexan estas restos materiais ou textuais.
|
Ordena temporalmente algúns feitos históricos e
outros feitos salientables, utilizando para iso as nocións básicas de
sucesión, duración e simultaneidade.
|
Realiza diversos tipos de eixes cronolóxicos e mapas
históricos.
|
Entende que varias culturas convivían á vez en
diferentes enclaves xeográficos.
|
2.
Avaliación
e cualificación.
Avaliación e cualificación
|
|
Terceira avaliación
|
Procedementos: visualización de videos, entrega
de traballos en diferentes formatos e, no seu caso, entrevistas orais.
|
A entrega de traballos e entrevistas poderá
facerse a través dos seguintes instrumentos:
-
Whats app: texto escrito, fotografía ou
escaneado dun texto escrito manualmente, audio, video.
-
Chamada telefónica.
-
Correo electrónico: texto en word ou calquer
outro procesador de texto, power point, enlace a drive, ou calquera outra
cousa que permita textos, imaxes, audios ou vídeos.
|
|
Cualificación final
|
A cualificación final de curso será a media da
nota das dúas primeiras avaliacións, á que se lle podería engadir un ou dous
puntos en función da calidade dos traballos entregados na terceira
avaliación.
O alumnado ao que non lle dea a media das dúas
primeiras avaliacións para aprobar, chegarálle con demostrar que viu os
videos a través dunha entrevista telefónica ou presencial se houbera clases
presenciais.
|
Proba extraordinaria de setembro
|
Se a proba extraordinaria de setembro é
presencial, realizaremos un exame escrito da materia suspensa por cada alumno
ou alumna en concreto, en cada avaliación.
|
Alumnado de materia pendente
|
O único alumno coa materia pendente ten aprobadas
as dúas primeiras avaliacións, polo tanto a materia está aprobada. Debido a
que se trata do Ámbito Sociolingüístico, a cualificación depende da
avaliación das profesoras de galego e lingua castelá, xunto coa deste
departamento.
|
3.
Metodoloxía
e actividades do 3º trimestre (recuperación, reforzo, repaso, e no seu caso,
ampliación).
Metodoloxía e actividades do 3º
trimestre (recuperación, repaso, reforzo, e no seu caso, ampliación).
|
|
Actividades
|
As actividades consistirán na visualización dun
video por quincena e realización de actividades e tarefas relacionadas con él
e coa elaboración dunha cápsula do tempo, cando nos reincorporemos ás clases.
O alumnado que así o desexe, pode substituír as
tarefas quincenais pola realización dun traballo persoal pactado previamente
coa profesora e relacionado coa realización da cápsula do tempo.
|
Metodoloxía (alumnado con conectividade e sen
conectividade)
|
Empregaremos a metodoloxía de ABP. Todos os
vídeos que visualizarán e as tarefas que realizarán, estarán relacionados coa
elaboración da nosa cápsula do tempo.
Debido a que os vídeos están colgados en youtube
e que todo o alumnado pode acceder por teléfono móbil e entregar as tarefas
en audios de whats app ou chamadas telefónicas, non hai problemas de
conectividade. Se algún alumno ou alumna non puidera visualizar algún video,
eu daríalle unha explicación alternativa por teléfono de forma personal.
|
Materiais e recursos
|
Vídeos de youtube elaborados pola profesora,
whats app, correo electrónico, chamadas telefónicas e, se o alumnado así o
demanda, algunha sesión de videoconferencia a través da plataforma cisco –
webex.
|
4.
Información
e publicidade.
Información e publicidade
|
|
Información ao alumnado e ás familias
|
Cada curso ten un blogg co que vai seguindo as
clases desde principio de curso e que é a principal forma de informar ás
familias para este departamento. Esta adaptación da programación publicarase
no blogg de cada curso. E ao alumnado que non lle da a media das dúas
primeiras avaliacións para aprobar, chamarémolo por teléfono para informalo
do indicado neste documento.
|
Publicidade
|
Publicación
obrigatoria na páxina web do centro
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario